O pasado luns 12, debateuse no Consello Escolar a situación xerada ao fío do uso dun novo libro na materia de Linguaxe Musical.
Logo da exposición do tema e do oportuno debate, o Consello acordou trasladar ao Departamento de Linguaxe Musical a instrución da Inspección Educativa, que considera ilegal o uso de calquera outro libro diferente do de Ana Mº Navarrete, e indica que non se pode empregar ningún outro libro na aula nin referenciar a ningún outro para o traballo na casa (que despois sexa corrixido ou usado na aula) .
Alén diso, a Dirección do Centro e mais o Consello Escolar adoptarán, de cara aos vindeiros cursos, todas as medidas que no seu ámbito de competencia teñan ao seu alcance, para evitar que esta situación se repita outra vez.
Desde a Anpa formulouse a petición de que alguén (Departamento, Conservatorio, Xunta…..), asumise o custo da merca dese “libro voluntario” e se lle abonase a aqueles pais e nais que o tivesen mercado, pero non se atendeu.
————————————————————————————————————————————
Estamos á espera de saber cal vai ser a resolución a esta situación. Na práctica a actuación feita levou a unha situación anómala onde por unha banda se di que “a compra do libro non é obrigatoria, voluntaria” e ao tempo, ante a lóxica pregunta de se se utilizará ou non na clase, o que se formula é se alguén non o vai mercar?.
O libro “recomendado” non foi anunciado antes do inicio de curso, non se pode fotocopiar (tope do 20% por tema de dereitos de autor) e a súa utilización como libro obrigatorio ou/e voluntario, non foi acordada polo Departamento antes do inicio deste curso. Aquí algo se fixo mal, ….moi mal.
Cremos que tanto a Dirección do Centro como a Inspección, deben tomar as medidas que corrixan e compensen neste curso a situación xerada, e sobre todo arbitren os mecanismos para non se volva repetir no curso seguinte.
Seguimos á espera……
A semana pasada puxémonos en contacto coa Inspección para trasladarlle a situación xerada con este tema do “libro a maiores recomendado”.
Sabemos que houbo conversas e contactos entre Dirección e todos os membros do Departamento de Linguaxe Musical.
A día de hoxe temos constancia de que agora o que se lles traslada aos alumnos e alumnas é que “é un libro non obrigatorio, que é voluntario a súa compra”, cando xa na primeira semana de curso moitos pais e nais fixeron a compra do mesmo porque “era recomendable facelo”
E á pregunta, lóxica, de se ese libro se vai usar na clase, a resposta é outra pregunta “curiosa”: alguén non vai mercar o libro?
Agardamos á resposta da Dirección a esta situación. Pola nosa parte, desde a Anpa démoslle traslado do noso malestar, co agravante de que xa o curso anterior se fixo traslado da queixa, e solicitamos do a busca dunha solución e compensación (por parte de quen corresponda) do custo dese libro aos pais e nais que acabaron mercándoo.
Desde a Dirección están estudando o nivel de afectación (cantos libros se mercaron) e sobre esa información adoptar ou trasladar ao Consello Escolar as medidas oportunas.
Temos a crenza de que se non se dá unha correcta e proporcionada solución agora, nos vindeiros cursos a situación de discrecionalidade volverá a repertirse.
RECOMENDAMOS ENCARECIDAMENTE QUE NON SE MERQUE NINGÚN OUTRO LIBRO DE LINGUAXE MUSICAL QUE NON SEXA O ÚNICO LIBRO DE TEXTO APROBADO POLO DEPARTAMENTO, QUE É O DA AUTORA ANA NAVARRETE PORTA, “EL LENGUAJE DE LA MÚSICA”.
A DÍA DE HOXE É ILEGAL QUE SE OBRIGUE Á COMPRA DE “TEORÍA DEL LENGUAJE MUSICAL Y FICHAS DE EJERCICIOS”, DE EDICIONES SI BEMOL
Nos vindeiros día iremos actualizando información neste blog