A Anpa celebra a súa ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, o 3 de febreiro de 2016, mércores, ás 18:00 h en primeira convocatoria e ás 18:30 h en segunda convocatoria, na biblioteca do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.
A Orde do día é a que segue:
1.- Lectura e aprobación da acta anterior.
2.- Presentación e aprobación, se procede, das contas do curso 2014-2015 e orzamento do curso 2015-2016.
3.- Asuntos e problemáticas a abordar no curso 2015-2016:
Criterios para perder o dereito á avaliación continua.
Libros de texto en materias comúns.
Aparcamento do Conservatorio.
Amplicación do Conservatorio.
4.- Renovación de cargos na Xunta Directiva
5.- Rogos e preguntas.
Agardamos contar coa túa presenza.