Ampliación do Conservatorio

Tal e como se comentara na anterior Asemblea de Pais e Nais, iniciamos un proceso de diálogo con grupos municipais con representación no Concello, a fin de trasladarlle a necesidade de abordar canto antes a ampliación física do Conservatorio.

Nesta semana tivemos xuntanza con representantes dos catro grupos municipais, cun tono moi cordial e receptivo a establecer un consenso sobre esta nosa petición.

Alén de formularlles a necesidade mesma da ampliación, trasladamos que compría tamén pensar na reordenación de todo o espazo da parcela colindante ao Sur do actual edificio, dotándoa ademais de espazos de aparcamento, e aproveitar así para unha mellor regulación do tráfico na zona.

Suxerimos tamén a posibilidade do uso gratuíto temporal ou permanete por parte das persoas usuarias do Conservatorio, do aparcamento que a Xunta de Galicia ten a carón da Estación de Autobuses e San Caetano.

Agora queda da man dos catro grupos consensuar unha postura única, conducente á aprobación dunha Declaración Institucional do Pleno do Concello de Santiago, dándolle traslado da mesma á Xunta de Galicia (a quen compete facer esa ampliación) e co compromiso por parte do Concello de ceder sen custos o espazo necesario da parcela propiedade municipal.

Seguimos….

Recollemos a continuación as novas de prensa sobre o particular, incluída entrevista en Radio Obradoiro do 25/04/2016:

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/anpa-do-conservatorio-profesional-musica-reclama-ampliacion-do-centro/idEdicion-2016-04-22/idNoticia-993070/

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2016/04/23/anpa-conservatorio-pide-amplie-centro/0003_201604S23C29914.htm

http://www.radioobradoiro.com/portada/ro/anpa-do-conservatorio-musica-santiago-urxe-sua-ampliacion/idEdicion-2016-04-26/idNoticia-993989/

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s