Contacto

Para porte en contacto coa Anpa, neste momento, poderás facelo de dúas maneiras:

Por correo electrónico: anpascq@hotmail.com

No buzón da Anpa, sito a carón da porta de consexería do Conservatorio.

O noso enderezo postal é:

ANPA Via Stellae
Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela
Rúa Monte dos Postes S/n
15703 Santiago de Compostela

O local da Anpa está no soto, baixando polas escaleiras desde a entrada principal do Conservatorio, o primeiro local a man esquerda (a cabina co número 16).

4 opinións sobre “Contacto

  1. Desexaba facer unha proposta par facerlles os rapaces mais levadeiro os estudios musicais, creo que e importante intentar evitar que os exames do conservatorio coincidan cos dos institutos.Creo que é perfectamente factible,xa que no conservatorio se remata antes en xuño poder adiantar as datas de avaliación.Con so adiantar un par de semanas as avaliacions ,as cousas mellorarían moito porque poderíalles coincidir un exame ou dous con outros do cole ;pero desta maneira é unha locura e os rapaces non dan feito.
    Un saúdo

    Gústame

    • Ola Luísa
      Grazas polo teu comentario.
      Por unha banda, faremos a consulta sobre o tema que propós, sobre todo para saber as razóns polas que se concentran os exames nunhas datas concretas (por cuestións docentes, cumprimento da programción docente, ou organizativas/burocráticas, para organizar os procesos de nova matrícula, etc).
      En todo caso, o alumnado do centro non só estudia nos institutos (hai alumnado en primaria e en ensino universitario). Mesmo o alumnado de 2º bach ten xa adiantada a súa programación de exames no Instituto polo tema de Selectividade.
      Con ese panorama, mover datas pode ter máis efectos colaterais que tamén poden saturar a outro perfil de alumnado diferente ao de Institutos.
      Neste mesmo canal, ampliaremos información.
      Un saúdo

      Gústame

    • Ola Luísa
      Temos feita a consulta e falado coa Dirección do Conservatorio sobre este tema do calendario de exames e só das materias colectivas, non de instrumentos, porque son as que se avalían desa maneira.

      A situación actual podería resumir así:

      As datas das dúas primeiras avaliacións fíxaas o centro internamente, mentres que a avaliación final está regulada por unha Instrución que a Consellería de Educación dita cada curso (a deste curso aínda non foi ditada) . Polo tanto, é nesas primeiras avaliacións nas que podemos traballar, de cara a analizar as posibilidades de modificar ou encaixar noutras datas os exames das materias colectivas.

      Para poder ter datos fiables, imos facer unha busca de información sobre as datas e organización de exames nos centros educativos da cidade e da contorna, para ver se é posible ter un calendario de exames non solapado.

      Co que vaiamos avanzando e coa conclusión á que cheguemos xunto coa Dirección do Conservatorio, continuaremos informando.

      Un saúdo

      Gústame

  2. Cando saberemos se imos ter libros para o curso 2014/2015. E en caso de telos, cando e como se poderian recoller?.
    Onde se pode asinar contra o novo atropelo que pretende a Conselleria de Feijòo

    Gústame

Deixar un comentario