Listaxe provisional solicitudes Banco de Libros 2018-2019

Neste enlace tes a listaxe provisional de solicitudes ao Banco de Libros agrupada por cursos.

Se notas algún erro ou omisión, terás o día de hoxe (19 de setembro) para comunicalo unicamente por correo electrónico: anpascq@hotmail.com

Mañá xoves publicarase a lista definitiva e o venres farase o sorteo ás 16:15 h na Biblioteca do CMUS naqueles cursos onde sexa preciso (máis solicitudes ca libros dispoñibles)

No propio acto do sorteo xa se poderán recoller os libros, e unha vez rematado, deixaranse para a súa recollida na conserxería do CMUS.

 

 

Advertisement

Calendario BANCO DE LIBROS Curso 2018-2019

18 de setembro: Data tope para facer solicitude de libros ao Banco.

19 de setembro: publicación da listaxe de solicitantes por curso (con indicación dos libros dispoñibles por curso, e de se é preciso ou non sortealos)

(se alguén notase algún erro ou omisión, comunicar urxentemente durante ese día 19 no correo da anpa: anpascq@hotmail.com)

20 de serembro: publicación listaxes definitivas

21 de setembro (venres): Ás 16:15 h sorteo público na Biblioteca do CMUS dos libros nalqueles cursos nos que haxa máis solicitudes que prazas.

Desde ese momento, pódense recoller os libros adxudicados na Conserxería do CMUS.