Convócase ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, que se celebrará o 28 de novembro de 2018, mércores, ás 16:30 h en primeira convocatoria e ás 17:00 h en segunda convocatoria (é previsible que se empece a xuntanza nesta segunda hora), na biblioteca do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, sito na rúa Monte dos Postes s/n para tratar e decidir sobre a seguinte:
Orde do día
1.- Lectura e aprobación da acta anterior.
2.- Presentación e aprobación, se procede, das contas do ano 2018 e orzamento do ano 2019.
3.- Renovación de cargos na Xunta Directiva (*)
4.- Información sobre a problemática do libro de Linguaxe Musical neste curso.
5.- Eleccións ao Consello Escolar do CMUS Santiago.
6.- Rogos e preguntas.
(*) Cómpre a incorporación de tres vogais por baixas.