Temos detectado que nalgúns casos, a profesora de Linguaxe Musical (grao elemental e primeiro e segundo de profesional) está recomendando ao seu alumnado, a merca dun libro a maiores do oficialmente (e único) establecido como obrigatorio.
Estamos en contacto coa Dirección e Xefatura do Departamento a fin de que o antes posible se corrixa unha situación que non ten encaixe legal. Só hai un libro de obrigada compra, e no caso de que se queiran usar outros materiais didácticos, terá que ser o Departamento e o seu profesorado o que busquen a maneira, e sen custo económico para o alumnado, de facerllo chegar.
Recomendamos que mentres non se acabe de aclarar a situación, non se merque ningún outro libro de Linguaxe Musical.
Desde a Anpa temos a vontade clara e manifesta de que se atope o antes posible unha nova solución a esta situación dos libros obrigatorioa, e facilitar que esa solución sexa factible e teña encaixe legal, pero mentres non se chegue a ela, seguiremos defendendo os criterios que vimos reclamando desde hai anos no Consello Escolar: que se respecten os acordos do Departamento e que os libros de uso (e por tanto compra) obrigatoria, non poden estar ao criterio discrecional de cada profesor ou profesora.