ADXUDICACIÓN LIBROS

Tal e como estaba previsto, hoxe tivo lugar o sorteo para a asignación de libros para os cursos de 1º GE, 3º GP e 2º GP.

Neste enlace tedes a lista de persoas adxudicatarias deses cursos

No resto dos cursos, como xa se anunciara, non foi necesario facer sorteo, ao haber máis libros ca solicitudes.

Pódese desde xa mesmo pasar a recoller o libro na Conserxería do Conservatorio, e asinar un xustificante da entrega. É moi importante pasar a recollelo canto antes (para evitar que queden sen uso neste curso 2018-2019, habendo persoas que non tiveron sorte no sorteo).

É importante tamén lembrarse de devolvelo unha vez rematado o curso, e ao longo del, facer un bo uso e coidado do libro.

Queremos agradecervos a todos e todas a vosa colaboración co Banco de Libros (doando e solicitando).

E para que este mecanismo de colaboración e cooperación sexa posible, queremos agradecer tamén a colaboración ao profesorado do departamento de Linguaxe Musical (noemadamente á súa Xefa de Departamento, María Dios), á Dirección do Centro, e ao persoal de Conserxería.

Grazas a todos e todas

 

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s