ADXUDICACIÓN LIBROS

Tal e como estaba previsto, hoxe tivo lugar o sorteo para a asignación de libros para os cursos de 1º GE, 3º GP e 2º GP.

Neste enlace tedes a lista de persoas adxudicatarias deses cursos

No resto dos cursos, como xa se anunciara, non foi necesario facer sorteo, ao haber máis libros ca solicitudes.

Pódese desde xa mesmo pasar a recoller o libro na Conserxería do Conservatorio, e asinar un xustificante da entrega. É moi importante pasar a recollelo canto antes (para evitar que queden sen uso neste curso 2018-2019, habendo persoas que non tiveron sorte no sorteo).

É importante tamén lembrarse de devolvelo unha vez rematado o curso, e ao longo del, facer un bo uso e coidado do libro.

Queremos agradecervos a todos e todas a vosa colaboración co Banco de Libros (doando e solicitando).

E para que este mecanismo de colaboración e cooperación sexa posible, queremos agradecer tamén a colaboración ao profesorado do departamento de Linguaxe Musical (noemadamente á súa Xefa de Departamento, María Dios), á Dirección do Centro, e ao persoal de Conserxería.

Grazas a todos e todas

 

Advertisement

Listaxe DEFINITIVA

Neste enlace está á vosa disposición a listaxe definitiva de solicitudes

 

O venres farase o sorteo ás 16:15 h na Biblioteca do CMUS naqueles cursos onde sexa preciso (máis solicitudes ca libros dispoñibles)

No propio acto do sorteo xa se poderán recoller os libros, me unha vez rematado, deixaranse para a súa recollida na conserxería do CMUS.

 

 

Listaxe provisional solicitudes Banco de Libros 2018-2019

Neste enlace tes a listaxe provisional de solicitudes ao Banco de Libros agrupada por cursos.

Se notas algún erro ou omisión, terás o día de hoxe (19 de setembro) para comunicalo unicamente por correo electrónico: anpascq@hotmail.com

Mañá xoves publicarase a lista definitiva e o venres farase o sorteo ás 16:15 h na Biblioteca do CMUS naqueles cursos onde sexa preciso (máis solicitudes ca libros dispoñibles)

No propio acto do sorteo xa se poderán recoller os libros, e unha vez rematado, deixaranse para a súa recollida na conserxería do CMUS.

 

 

Calendario BANCO DE LIBROS Curso 2018-2019

18 de setembro: Data tope para facer solicitude de libros ao Banco.

19 de setembro: publicación da listaxe de solicitantes por curso (con indicación dos libros dispoñibles por curso, e de se é preciso ou non sortealos)

(se alguén notase algún erro ou omisión, comunicar urxentemente durante ese día 19 no correo da anpa: anpascq@hotmail.com)

20 de serembro: publicación listaxes definitivas

21 de setembro (venres): Ás 16:15 h sorteo público na Biblioteca do CMUS dos libros nalqueles cursos nos que haxa máis solicitudes que prazas.

Desde ese momento, pódense recoller os libros adxudicados na Conserxería do CMUS.