Xa sabemos que a estas alturas, e pendente de pechar listaxe definitiva de solicitudes, hai máis solicitudes que libros dispoñibles.
Por iso, faremos o sorteo, naqueles cursos nos que sexa necesario, o vindeiro
XOVES 21 DE SETEMBRO
ÁS 16:00H
NA BIBLIOTECA DO CMUS
É un acto público ao que podedes asistir. Ao final de cada sorteo, as persoas poderán, se lles tocou, levar xa o libro.
Logo do sorteo publicaremos a listaxe de persoas e disporemos a entrega de libros a través da Conserxería do CMUS, como se fixo o curso pasado.
Agradeceríamos que a quen lle toque, se non o vai recoller, que avise o antes posible, para permitir así a entrega ás persoas que por orde de agarda, quedaron sen libro no sorteo.
Grazas pola vosa participación e colaboración