Asemblea xeral da ANPA

Estimados pais e nais da Anpa Via Stellae:

Conforme aos artigos 28 e 19 dos Estatutos da Anpa, pola presente convócase ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, que se celebrará o 16 de maio de 2017, martes, ás 18:30 h en primeira convocatoria e ás 19:00 h en segunda convocatoria, na biblioteca do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, sito na rúa Monte dos Postes s/n para tratar e decidir sobre a seguinte:

Orde do día

1.- Lectura e aprobación da acta anterior.
2.- Asuntos varios do curso 2016-2017:
Melloras no sistema de escolla de profesorado.
Gravacións das probas finais e de acceso.
Aparcamento e ampliación do Conservatorio.
3.- Renovación de cargos na Xunta Directiva (*)
4.- Rogos e preguntas.

Agardamos contar coa vosa presencia.