Logo de ter feitos varios avisos para a entrega dos libros adxudicados, e considerando que xa a estas alturas non é previsible nin novas achegas de libros nin novas demandas dos mesmos, procedemos a dar por pechado o proceso do banco de libros do curso 2015-2016.
Este curso fíxose entrega dos seguintes libros:
En 1º GE, 10
En 2º GE, 12
En 3º GE, 10
En 4º GE, 7
En 1º GP, 6
En 2º GP, 1
Comentar que quedan dispoñibles exemplares de 1º GE (7), 2º GE (5) e 3º GE (4).
Se hai persoas que aínda precisen de libro, poderán facer a solicitude dalgún deses libros que agora temos unicamente enviando un correo a anpascq@hotmail.com, indicando claramente curso do que precisa libro e teléfono de contacto.
Agradecervos a todos e todas a vosa colaboración (aquelas persoas que doáchedes), participación (aquelas que solicitáchedes) e comprensión polos erros que se puidesen ter cometidos neste proceso. Agardamos dar co punto óptimo para o curso que ven en todos aqueles aspectos susceptibles de mellora.
Estamos, coma sempre, abertos a calquera suxestión ou comentario que nos queirades facer.