Banco de libros: solicitudes fóra de prazo

Seguen chegando solicitudes por múltiples vías fóra de prazo para algún dos cursos.
Como xa se indicaba, sempre quedarán a resultas de que sobren libros, que serán dados ou sorteados en primeiro lugar a/entre aquelas persoas que si solicitaron en tempo e forma.

Con esa premisa inicial, neste momento no curso de 2º GE, aínda habendo libros para as persoas que solicitaron en prazo (que teñen garantido levar libro), non hai libros suficientes para todas as solicitudes que viñeron fóra de prazo, polo que o venres, logo de facer os sorteos previstos, farase un sorteo entre ditas solicitudes.

Non é necesario estar presente no sorteo (aínda que unha vez sorteado, as persoas adxudicatarias xa poden levar o libro). En todo caso, publicarase a listaxe de solicitudes adxudicatarias no blog.

O outro día habilitado para recoller o libro será o luns de 16:00 h a 16:30 h.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s