Para os cursos onde solicitudes superan o número de exemplares dispoñibles, farase un sorteo público que será o
VENRES 25
ÁS 16.30 H
NO LOCAL DA ANPA
(1º andar)
Sortearemos na seguinte orde:
2º GP
1º GP
4º GE
1º GE
Segundo se vaian facendo cada sorteo, as persoas elixidas poderán xa levar o seu exemplar. Se non puidesen recoller o exemplar por non estar presente no sorteo (non é obrigatorio), poderán recollelo o luns 28 , de 16:00 h a 16.30 h no local da Anpa.
As persoas que non obteñan libro, quedarán nunha lista de agarda ordenada, a resultas de posibles doazóns de libros que poidan chegar despois do venres 25.
Farase publicación do resultado do sorteo no blog da Anpa.