Asignación de libros; resultado do sorteo

Logo de celabrado o sorteo de libros nos casos onde era preciso facelo, aquí tedes os listados das persoas que resultaron adxudicatarias de libro, así como daquelas que quedan en lista de espera (que poderían acceder a libros no caso de producirse algunha nova doazón extemporána ou de que algunha das persoas adxudicatarias renunicase a el, por ter xa solucionado conseguir o libro).

LISTADO SORTEO FINAL PRIMEIRO

4º GE
ANTONIO MANUEL INSUA LOPEZ
XOANA PAREDES DURAN
J. CARLOS RENDO BARRAL
MARIA DEL PILAR SEÑOR SANCHEZ
XOSE MANUEL IGLESIAS IGLESIAS
MARIA LUZ PEREZ LEMA
MARIA DEL PILAR CONDE RODRIGUEZ
LISTA DE AGARDA
1 ELSA GONZALEZ ALVAREZ

1º GP
ALICIA AMIGO ABELEDO
CRISTINA CARBAJALES NOURUIÑO
ESTHER RODRIGUEZ MUÑOZ
ROSA PIÑEIRO PATIÑO
MONTSERRAT AIRA LOPEZ
LISTA DE AGARDA
1 ANTONIO MANUEL INSUA LOPEZ
2 JUAN RAMON ESTURAO SALVADO
3 MONTSERRAT GARCIA SANTAMARINA ROADE
4 ANA RODIÑO DOMINGUEZ

2º GP
CELINA LOPEZ VALDES
LISTA DE AGARDA
1 XOSE MANUEL CASALEIRO FERNANDEZ
2 MARIA JOSE BREA SANTOS
3 MARIA ELENA VENTOSO CRUZ
4 CARLOS MARTIN MARTIN
5 JOSE CARLOS MARTINEZ OTERO

Lembrade que tedes hoxe ata as 18:00 h e o luns 28 de 16:00 a 16:30 h para recoller o libro no local da ANPA (2º andar)

Banco de libros: solicitudes fóra de prazo

Seguen chegando solicitudes por múltiples vías fóra de prazo para algún dos cursos.
Como xa se indicaba, sempre quedarán a resultas de que sobren libros, que serán dados ou sorteados en primeiro lugar a/entre aquelas persoas que si solicitaron en tempo e forma.

Con esa premisa inicial, neste momento no curso de 2º GE, aínda habendo libros para as persoas que solicitaron en prazo (que teñen garantido levar libro), non hai libros suficientes para todas as solicitudes que viñeron fóra de prazo, polo que o venres, logo de facer os sorteos previstos, farase un sorteo entre ditas solicitudes.

Non é necesario estar presente no sorteo (aínda que unha vez sorteado, as persoas adxudicatarias xa poden levar o libro). En todo caso, publicarase a listaxe de solicitudes adxudicatarias no blog.

O outro día habilitado para recoller o libro será o luns de 16:00 h a 16:30 h.

Recollida de libros do Banco

Para os grupos de 2º e 3º de grao Elemental, o número de libros dispoñibles supera o de persoas solicitantes (mesmo considerando as solicitudes recibidas fóra de prazo).

(Actualización 24/09/2015: Xa non é así no caso de 2º de GE)

Poderán recoller os libros no local da ANPA  o venres 25, a partir das 17:00 h (unha vez rematado, ou case, o sorteo dos libros dos outros grupos) ou o luns 28 ás 16:00 h (ata ás 16:30).

 

 

SORTEO BANCO DE LIBROS

Para os cursos onde solicitudes superan o número de exemplares dispoñibles, farase un sorteo público que será o

VENRES 25
ÁS 16.30 H
NO LOCAL DA ANPA

(1º andar)

Sortearemos na seguinte orde:

2º GP

1º GP

4º GE

1º GE

Segundo se vaian facendo cada sorteo, as persoas elixidas poderán xa levar o seu exemplar. Se non puidesen recoller o exemplar por non estar presente no sorteo (non é obrigatorio), poderán recollelo o luns 28 , de 16:00 h a 16.30 h no local da Anpa.

As persoas que non obteñan libro, quedarán nunha lista de agarda ordenada, a resultas de posibles doazóns de libros que poidan chegar despois do venres 25.

Farase publicación do resultado do sorteo no blog da Anpa.

LISTADOS DEFINITIVOS BANCO DE LIBROS

Unha vez pechado o prazo para subsanación de erros, publicamos aos listados de solicitantes finais de libros ordenados por curso.

En cada curso faise indicación de se hai necesidade de sortear os libros dispoñibles ou ben a asignación de libro é directa (por ser maior o fondo dispoñible ca demanda).

Tamén se indican aquelas persoas solicitantes presentadas fóra de prazo, que quedarán a resultas do proceso de sorteo/asignación directa, segundo sexa o caso.

1 GE FINAL

2 3 4 GE FINAL

1 2 GP FINAL

Nota: cousas inexplicables da tecnoloxía. En 2º GP está Xosé M. Casaleiro, pero no jpg que se abre non aparece

ACTUALIZACIÓN (24/09/2015):
Para 1º GP chega fóra de prazo a solicitude de Mª Jesús García. Estará a resultas do sorteo (de entrada non hai libros suficientes para as solicitudes presentadas en tempo)

Para 2º GE hai dúas novas solicitudes fóra de prazo (Florinda Portos e Fidel Martín, de dous libros cada unha delas) que suporán facer sorteo entre as solicitudes fóra de prazo (explícase na última entrada deste blog)

Listados solicitudes de libros

Aquí tedes os listados de persoas solicitantes ordenados por curso académico coas solicitudes recibidas ata o 15 de setembro (último día de prazo para facelo). En todos os casos a solicitude é dun único exemplar.
Se algunha persoa nota que hai algún erro na ubicación por curso, pode facelo constar cun comentario a esta entrada (como moi tarde ata o luns 21 ás 14:00).

1-2-3 GE

4-1P-2P

No caso de presentación de solicitudes fóra do prazo, todas elas estarán a resultas da existencia de libros sobrantes, unha vez entregados os que correspondan ás persoas que si presentaron en tempo e forma a súa solicitude.

Lembrar novamente ás persoas que recibiron libro no curso pasado, que deben devolvelo ao Banco de Libros (se aínda non o fixeron) tal e como se comprometeron a facer cando o recolleron no seu día.

Devolución libros ao “Banco”

A todas aquelas persoas que no curso 2014-2015 tivéchedes un ou máis libros do Banco de Libros, e se aínda non o fixéchedes, lembrádevos de entregar na Conserxería do Conservatorio o(s) libro(s) en cuestión (independentemente de que fagades ou non solicitude dun novo libro este ano).

Mañá martes 15 remata o prazo para presentar a solicitude.
Neste enlace tedes toda a información e ficha de solicitude

Nos vindeiros días publicaremos o listado de persoas solicitantes, a fin de que poidades/mos corrixir erros ou omisións.

Un saúdo

Devolución libros ao "Banco"

A todas aquelas persoas que no curso 2014-2015 tivéchedes un ou máis libros do Banco de Libros, e se aínda non o fixéchedes, lembrádevos de entregar na Conserxería do Conservatorio o(s) libro(s) en cuestión (independentemente de que fagades ou non solicitude dun novo libro este ano).

Mañá martes 15 remata o prazo para presentar a solicitude.
Neste enlace tedes toda a información e ficha de solicitude

Nos vindeiros días publicaremos o listado de persoas solicitantes, a fin de que poidades/mos corrixir erros ou omisións.

Un saúdo