Urxente: recollida de sinaturas

Desde a Anpa Via Stellae queremos darvos traslado dunha campaña de recollida de sinaturas en demanda da retirada dunha orde da Consellería de Educación que, de implememntarse no curso 2015-2016, permitirá que profesorado de ensino secundario sen coñecementos en materia musical poida acceder ás prazas dos corpos docentes dos conservatorios dependentes da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Aquí tedes o documento explicativo

Aproveitando a vosa presencia para matricular aos vosos fillos e fillas no Centro, podedes asinar nas follas que hai na conserxería do CMUS, o antes posible, dado que a finais da semana que ven preténdese facer presentación no Rexistro da Xunta das sinaturas que por todo o País se están a recoller.

Banco de libros curso 2015-2016

Por segundo ano a Anpa Via Stellae do CMUS pon en macha un banco de libros para as materias de linguaxe musical dos cursos de grao elemental e dos dous primeiros de profesional.

Tendo en conta a experiencia do curso que agora remata, fixemos algúns axustes no procedemento, para facilitar un mellor resultado.

Nos seguintes enlaces tedes dispoñibles tanto a ficha de solicitude como as indicacións sobre o funcionamento do Banco de Libros.

Información do banco de libros
Ficha de doazón/solicitude

A partir de xa podedes deixar na conserxería do CMUS os libros recibidos do banco, así como as vosas solicitudes.

O prazo para doar e solicitar estirámolo ata o 15 de setembro, de cara a facilitar ter máis libros e afinar nos procesos de entrega/sorteo, en función dos libros que se vaian finalmente usar en cada aula.

Agradecervos de antemán a vosa colaboración e a do CMUS na difusión, participación e apoio a esta iniciativa.