Charla sobre Tic e uso das redes sociais

Onte celebramos na Biblioteca do CMUS a charla anunciada sobre os riscos asociados ás Tic e uso das redes socias.
20150420_193741Ante unhas vinte persoas (pais e nais, alumnado e profesorado), a inspectora Sonia Rama fíxonos unha exposición onde puidemos constatar o complexo deste mundo tecnolóxico, e da necesidade que temos como pais, nais e persoas usuarias en xeral, de achegarse a el con actitude positiva, intentando coñecer como funcionan estas ferramentas e aprendendo a facer un uso correcto das mesmas.

20150420_193728
Agradecemos novamente a Sonia a súa achega, así como a vosa presenza e a colaboración da Dirección do CMUS.

Advertisement

Charla sobre riscos das Tics e uso de redes sociais

Desde Anpa Vía Stellae do CMUS de Santiago de Compostela, organizamos unha charla na que coñecer os riscos asociados ás novas tecnoloxías e ao uso das redes socias.

perigo rede socialSerá o vindeiro luns 20 de abril, ás 19:15 h na Biblioteca do CMUS

Contaremos coa presencia da Inspectora Sonia Rama, á que tamén poderemos trasladar as nosas preguntas e inquedanzas respecto desta temática.

Agardamos contar coa túa presenza