Ola a todos e todas
Agradecervos o primeiro a vosa colaboración na campaña de recollida de libros e material multimedia para a Biblioteca do CMUS.
Temos recollido máis de 300 libros (a metade vinculados ao mundo da música) e algún que outro material, mesmo para os e as máis pequenos.
De acordo coa Dirección, acordamos deixar aberta a posibilidade de que se poidan doar máis libros e outro material, e nese caso, habería que deixalos na conserxería.
Agora estase traballando en definir o mellor posible o procedemento de catalogación, acorde co que xa veñen facendo un grupo de profesores e profesoras, e ver as posibilidades de que tamén os pais e nais poidamos colaborar tamén nesa tarefa.
Segundo saibamos, xa publicitaremos.
Un saúdo e grazas novamente pola vosa desinteresada colaboración nesta iniciativa.