Iniciamos unha nova etapa

Ola a todos e todas

Con este primeiro post abrimos unha nova xanela ao traballo e actividade que desenvolve a Anpa Via Stellae, do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

No noso ánimo está convertir este blog nunha canle de comunicación bidireccional coa comunidade escolar do CMUS de Santiago, e en concreto, cos pais e nais.

Iremos facendo un camiño xuntos, retocando e mellorando todo o retocable e mellorable.

Nas páxinas habilitadas, tedes diferente información sobre a propia asociación e as súas actividades.

Agardamos que vexades neste blog unha ferramenta útil e interesante para coñecer o que somos, que facemos, as actividades nas que estamos inmersos e que ao tempo sexa unha vía para mandar as vosas suxestións, comentarios e críticas a todos aqueles ámbitos de actuación que iremos publicitando.

Recibide un saúdo en nome da directiva da Anpa Via Stellae.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s