CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE LIBROS E MATERIAL MULTIMEDIA PARA A BIBLIOTECA DO CMUS

A Biblioteca do Cmus Santiago puxo en marcha una campaña de recollida de material que poida ser de proveito parta todos as persoas usuarias. A ANPA Via Stellae do CMUS colabora con esta campaña.

Haberá unha fase de recollida, de despois farase unha selección do material recollido, coa posibilidade de que algún dese material poida acabar sendo doado a outras institucións, reciclado, etc.

A campaña de recollida realizarase desde o luns 26 de xaneiro ata o venres 13 de febreiro, ámbolos dous días incluídos

Os días, horas e lugares nos que tanto alumnado como pais e nais poderán entregar a súa doazón son os seguintes:

Luns
18:00h a 19:00h
20:00h a 21:00h
Biblioteca do Centro
Martes
18:00h a 20:00 h
Local da ANPA (1º andar)
Mércores
11:00h a 13:00h
Biblioteca do Centro
Mércores
18:00h a 20:00 h
Local da ANPA (1º andar)
Xoves
18:00h a 20:00 h
Local da ANPA (1º andar)
Venres

Rematada esta fase e feita a selección, iniciarase unha posterior fase de catalogación de todo o material achegado e o xa existente.

Agradecervos de antemán a vosa colaboración na campaña e animamos aos pais e nais a participar nela.

Iniciamos unha nova etapa

Ola a todos e todas

Con este primeiro post abrimos unha nova xanela ao traballo e actividade que desenvolve a Anpa Via Stellae, do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

No noso ánimo está convertir este blog nunha canle de comunicación bidireccional coa comunidade escolar do CMUS de Santiago, e en concreto, cos pais e nais.

Iremos facendo un camiño xuntos, retocando e mellorando todo o retocable e mellorable.

Nas páxinas habilitadas, tedes diferente información sobre a propia asociación e as súas actividades.

Agardamos que vexades neste blog unha ferramenta útil e interesante para coñecer o que somos, que facemos, as actividades nas que estamos inmersos e que ao tempo sexa unha vía para mandar as vosas suxestións, comentarios e críticas a todos aqueles ámbitos de actuación que iremos publicitando.

Recibide un saúdo en nome da directiva da Anpa Via Stellae.